Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
ESFUERZA é un programa de Actividade Física Saudable que leva a cabo a Fundación María José Jove. Diríxese a persoas con e sen discapacidade que, con independencia das súas particularidades, desexan mellorar a súa calidade de vida a través de actividades deportivas saudables. As actividades para o curso 2026-27 son: Vela Inclusiva, Piragüismo Inclusivo, Pesca Viva, Fitness e Piscina.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 24/08/2026 ata o 04/09/2026
Excepto para "Bautismo de Esfuerza Vela " que estará aberta durante todo o período de Esfuerza Inverno 26-27 por quendas trimestrais.
Prezo:
20€ (gratuidade por renda e por desemprego).
Bautismo de Esforza: Vela gratis.
Requisitos:
Acondicionamento Físico (Piscina e Fitness):
Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa.
Persoas pacientes ou sobreviventes de cancro de mama, que estean a participar na actividade de Ioga "para pacientes de cancro de mama" da Fundación María José Jove.
Actividade Vela Inclusiva:
Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa.
Persoas que non teñen discapacidade, que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa e que saiban nadar.
Actividade Piragüismo inclusivo:
Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa.
Persoas que non teñen discapacidade, que sexan maiores de 12 anos cando se inicie o programa e que saiban nadar.
Actividade Pesca Viva:
Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 12 anos cando se inicie o programa.
Persoas da entidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa.
Persoas da entidade que non teñen discapacidade, que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa e que saiban nadar.
Grupos reducidos acompañados por persoal da entidade.
As solicitudes de inscrición realizaranse exclusivamente de forma en liña, a través do "Portal de Inscricións" da páxina web da Fundación María José Jove.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible