Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

IX edición do Galicia Magic Fest

Volve o Festival Internacional de Ilusionismo de Galicia ao teatro Colón para traer á ciadade diferentes espectáculos de ilusionismo en decembro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 27/12/2025 ata o 28/12/2025

Prezo:

Entradas a partir dos 19,60€

Poderán mercarse as entradas en Ataquilla ou na Praza de Ourense

Páxina web:

https://www.coruna.gal

Contacto:

Concello da Coruña

Praza de María Pita, s/n. 15001. A Coruña

Tlf. 010

O ilusionista galego Pedro Volta é o director e ideólogo desta gala e formará parte do elenco desta edición xunto a Juliana Chen, Stuart Macdonad, Mirko Callaci e Magus Utopia. Volta foi finalista do programa televisivo Got Talent España e exerce desde os seus inicios como mestre de cerimonias deste espectáculo.

Juliana Chen (Canadá/China) é a primeira muller na historia en gañar o Gran Premio FISM, o denominado Oscar da maxia. A súa manipulación é un ballet de ilusións, cunha precisión e beleza que che deixarán sen alento. Pola súa banda, Stuart Macdonald (EEUU) é recoñecido pola súa mestura de humor e maxia e foi recoñecido co prestixioso premio Penn & Teller Fool Us e dous FISM.

O arxentino Mirko Callaci é coñecido como o Mestre da Maxia Universal polo seu dominio do ilusionismo. Tamén é gañador do FISM e dos cobizados premios Mandrake d'Or de París e o León de Ouro de Siegfried & Roy. A súa presenza escénica e a súa capacidade para transformar a realidade caracterízano sobre as táboas. Por último, tamén participarán nesta edición Magus Utopia (Países Baixos), unha compañía que redefiniu o ilusionismo, converténdose nunha sensación global co seu paso por Britain's Got Talent. Cunha impoñente troupe de 12 artistas no escenario, o seu show é unha explosión de fantasía, teatro, efectos visuais

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión