Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Lugar Propio | SOS Racismo Galicia

SOS Racismo Galicia pon en marcha "Lugar Propio", un espazo para persoas migrantes, racializadas e/ou fillas de migrantes de 18 a 35 anos que queiran compartir o que están creando, coñecer outros proxectos, intercambiar coñecementos e recursos e atopar posibles colaboracións. O primeiro encontro será online.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/09/2026

Horario:

18:00-19:30h.

Prezo:

de balde.

Requisitos:

  • Non é necesario ter experiencia previa, un proxecto formalizado nin unha iniciativa xa consolidada. 
  • Inscrición previa no formulario: https://forms.gle/Sdow4R3jhPwAL3v6A

Páxina web:

www.sosracismogalicia.org

Contacto:

SOS Racismo Galicia

R/ Alcalde Lens, 34, 1ºC. 15010 - A Coruña

tel: 881 963 797 / 698 163 742

e-correo: oidsosracismogalicia@gmail.com

www.instagram.com/sosracismogalicia

www.facebook.com/GaliciaSOS

www.linkedin.com/company/sos-racismo-galicia-ong

Documentos:

Folleto "Lugar Propio" (pdf) (319 KB)

Lugar Propio é un espazo dirixido a persoas migrantes e/ou racializadas de entre 18 e 35 anos que estean creando algo ou teñan unha idea que lles gustaría impulsar.

A proposta busca crear un espazo onde poidan coñecerse entre iguais, compartir os seus proxectos e ideas, intercambiar coñecementos e recursos, crear redes e atopar posibles colaboracións.

Buscan perfís moi diversos: persoas cun emprendemento, unha tenda ou pequena marca, un proxecto artístico ou creativo, unha iniciativa cultural, social ou comunitaria... pero tamén persoas que aínda estean dando forma a unha idea e queiran comezar a desenvolvela.

Lugar Propio é unha nova actividade dentro do programa Somos Aquí no Concello da Coruña.

Primer encontro: modalidade online.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión