Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Multiaventura, surf, skate e paddle-surf para mocidade
O Concello da Coruña oferta varias actividades deportivas e de lecer co fin de promover o lecer positivo na poboación nova. Esta iniciativa promovida pola Concellaría de Benestar Social, Participación e Igualdade forma parte da programación de actividades estivais de carácter gratuíto promovidas desde o Concello aproveitando a pausa lectiva no verán.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 27/07/2026 ata o 04/08/2026
Prezo:
Son gratuítas e inclúen todo o material necesario para o seu desenvolvemento.
Requisitos:
Estas actividades están dirixidas a mozas de 12 a 17 anos.
A inscrición será en liña, a través desta ligazón.
A admisión será por orde de inscrición e é necesario un número mínimo de persoas inscritas para a realización da actividade. Confirmarase a admisión aos inscritos antes do inicio da actividade.
INICIACIÓN AO SKATE na pista do parque de Eirís. Se non tes táboa, casco ou proteccións facilitámoschas durante a actividade. Punto de encontro no centro cívico do Castrillón.
Días: 27 e 28 de xullo/ De 10.00h a 12.30 h. Finaliza a inscrición o 23 de xullo.
XORNADA MULTIAVENTURA (CIRCUÍTO CORDAS, TIROLESA EN ÁRBORES E LASER TAG) en Lucus Aventur (Lugo). Inclúe transporte. Punto de recollida a confirmar ás persoas inscritas. Cada participante terá que levar a súa comida (bocadillo, auga...)
Día 29 de xullo/ De 10.00 h a 16.00 h. Finaliza a inscrición o 27 de xullo.
INICIACIÓN AO PADDLE SURF no Porto Deportivo (Zona Mariña Coruña). Punto de encontro na porta do Castelo de San Antón.
Grupo 1: Día 30 de xullo/ De 10.00h a 13.00 h Finaliza a inscrición o 28 de xullo.
Grupo 2: Día 31 de xullo/ De 10.00 h a 13.00 h. Finaliza a inscrición o 29 de xullo.
BAUTISMO DE SURF na praia de Bastiagueiro. Inclúe transporte. Punto de recollida de autobús a confirmar ás persoas inscritas.
Grupo 1: 3 de agosto/ De 09.45h a 12.30h. Finaliza a inscrición o 30 de xullo.
Grupo 2: 4 de agosto/ De 09.45 h a 12.30 h. Finaliza a inscrición o 31 de xullo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible