Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Prazas vacantes en estudos de grao para o curso 2026/2027 na USC

Rematado o proceso de admisión ao SUG para o curso 2026-2027, a Universidade de Santiago de Compostela abre o prazo de matrícula para as titulacións con prazas vacantes para inicio de grao.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 13/10/2026

Requisitos:

cumprir cos requisitos académicos esixidos para o acceso á universidade.

Páxina web:

www.usc.gal

Contacto:

Oficina de Información Universitaria (OIU) da Universidade de Santiago

tel: 881 812 000 (Campus Santiago) - 982 823 581 ou 982 823 585  (Campus Lugo)

e-correo: oiu@usc.gal

www.instagram.com/universidade_usc

www.youtube.com/@UniversidadeUSC

facebook.com/UniversidadeUSC

TITULACIÓNS CON PRAZAS VACANTES:

  • Campus de Santiago de Compostela:
    • Grao en Filoloxía Clásica 
    • Grao en Lingua e Literatura Españolas
    • Grao en Lingua e Literatura Galegas
    • Grao en Lingua e Literaturas Modernas
    • Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio  
  • Campus de Lugo
    • Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural 
    • Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais 
    • Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos 
    • Grao en Paisaxe 
    • Grao en Xestión Cultural (presencial) 
    • Grao en Xestión Cultural (virtual) 

PRAZO E LUGAR DE MATRÍCULA:

A matrícula formalizarse na Unidade de Xestión Académica (UXA) correspondente a cada titulación entre o 10 de setembro e o 13 de outubro, en horario de 9.00 a 14.00h, até esgotar as prazas vacantes.

No caso de imposibilidade para realizar a matrícula de xeito presencial na UXA, poderá empregarse o formulario da Sede Electrónica de Solicitudes de futuros alumnos da USC previos á primeira matrícula e so se terán en conta as solicitudes rexistradas dende as 09:00 horas do día 10 de setembro. As prazas adxudicaranse por orde de solicitude.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión