A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) convoca a Proba de Acceso á Universidade para as persoas maiores de 25 anos, correspondente ao ano 2026, no ámbito das tres universidades públicas de Galicia.
Para público en xeral
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Prezo xeral 63,67€.
CiUG
LERD Campus da Coruña | Casa do Estudantado. Campus Elviña. 15071- A Coruña | tel.: 881 011 190/ 881 011 192/ 881 011 964 | lerdcoruna@udc.gal
CiUG, Comisión Interuniversitaria de Galicia | Edificio Fontán, 1º andar. Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás, s/n. 15707. - Santiago de Compostela | tel.: 881 971 006 | ciug@ciug.gal
ESTRUCTURA DA PROBA:
Fase Xeral: constará dos seguintes exercicios:
Fase Específica: estrutúrase en 5 opcións, e incluirá os exercicios de tres materias: dúas obrigatorias e unha optativa, segundo o seguinte cadro:
|
OPCIÓNS |
MATERIAS OBRIGATORIAS |
MATERIAS OPTATIVAS |
|---|---|---|
|
A: Artes e humanidades |
. Historia da arte . Xeografía |
. Debuxo artístico . Latín . Literatura universal . Volume |
|
B: Ciencias |
. Matemáticas . Química |
. Bioloxía . Ciencias da Terra e ambientais . Física |
|
C: Ciencias da saúde |
. Bioloxía . Química |
. Ciencias da Terra e ambietais . Física . Matemáticas |
|
D: Ciencias sociais e xurídicas |
. Hª do mundo contemporáneo . Matemáticas aplicadas ás C.C. sociais |
. Economía da empresa . Literatura universal . Xeografía |
|
E: Enxeñaría e arquitectura |
. Física . Matemáticas |
. Ciencias da Terra e ambientais . Debuxo técnico . Química |
Consulta a adscrición preferente a efectos de acceso das opcións da Proba: https://ciug.gal/PDF/2026/M25/convocatoria-m25_2026_signed.pdf#page=9
PRAZO E LUGAR DE MATRÍCULA: do 26 ao 30 de xaneiro de 2026 ambos os dous inclusive. A matrícula deberase facer a través dos LERDs.
DATAS E LUGAR DE REALIZACION DAS PROBAS: na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, situada no Campus Vida en Santiago de Compostela.
ACCESO Á UNIVERSIDADE: ás persoas que superen esta proba correspóndelles preferentemente, para os efectos de ingreso, os graos ofertados polas universidades do SUG. O estudantado realizará a fase específica na opción da súa elección e terá preferencia, para os efectos de ingreso, nos graos ofertados polas universidades do SUG que estean vinculados a cada unha das opcións, de acordo co establecido no anexo II da convocatoria.
Os programas das materias, orientacións e modelos de exame pódense consultar na páxina web da CiUG.
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible