Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Proxección do documental "Un hombre libre"

A Asociación Cultural AIS, en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña, presenta na Casa Museo Casares Quiroga a proxección de "Un hombre libre" xunto cun coloquio posterior arredor do protagonista do documental, o escritor Agustín Gómez‑Arcos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/02/2026

Prezo:

entrada gratuíta previa inscrición na web www.coruna.gal/bibliotecas (apertura de inscricións: 13/02/2026)

Páxina web:

www.coruna.gal/cultura

Contacto:

Asociación Cultural AÏS

correo-e: ais.asociacion@gmail.com

https://ais.gal

"Un hombre libre" recupera a figura de Agustín Gómez‑Arcos, escritor español nado en Enix (Almería) cuxa obra foi censurada na España franquista, o que o levou a exiliarse primeiro en Londres e logo en París, onde continuou a súa carreira literaria escribindo en francés e alcanzando amplo recoñecemento internacional.

Tras a proxección haberá unha conversa posterior coa directora do filme, Laura Hojman, e con Rafael Calvo, cineasta e membro do Club de Lectura QUEERuña das Bibliotecas Municipais, na que se abordarán temas como cine, memoria, exilio, literatura e diversidade afectivo‑sexual a partir do documental e da obra de Gómez‑Arcos.

LUGARCasa Museo Casares Quiroga (Rúa Panaderas, 12.15001 - A Coruña)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión