A Asociación Cultural AIS, en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña, presenta na Casa Museo Casares Quiroga a proxección de "Un hombre libre" xunto cun coloquio posterior arredor do protagonista do documental, o escritor Agustín Gómez‑Arcos.
Para público en xeral
20/02/2026
entrada gratuíta previa inscrición na web www.coruna.gal/bibliotecas (apertura de inscricións: 13/02/2026)
"Un hombre libre" recupera a figura de Agustín Gómez‑Arcos, escritor español nado en Enix (Almería) cuxa obra foi censurada na España franquista, o que o levou a exiliarse primeiro en Londres e logo en París, onde continuou a súa carreira literaria escribindo en francés e alcanzando amplo recoñecemento internacional.
Tras a proxección haberá unha conversa posterior coa directora do filme, Laura Hojman, e con Rafael Calvo, cineasta e membro do Club de Lectura QUEERuña das Bibliotecas Municipais, na que se abordarán temas como cine, memoria, exilio, literatura e diversidade afectivo‑sexual a partir do documental e da obra de Gómez‑Arcos.
LUGAR: Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panaderas, 12.15001 - A Coruña)
Os días 23/04/2026, 24/04/2026
Dende o 26/02/2026 ata o 11/03/2026
Dende o 12/02/2026 ata o 05/03/2026
Dende o 23/02/2026 ata o 02/03/2026
Dende o 19/01/2026 ata o 12/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible