Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Ruta Inti é unha expedición cultural e de aventura dirixida a mozas de entre 18 e 25 anos de todo o mundo. Cada ano percorren un destino diferente durante 28 días con máis de 120 persoas contando unha historia que serve como fío condutor da viaxe.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 14/07/2026 ata o 07/08/2026
Inscricións:
Ata o 08/02/2026
Prezo:
A cota de participación é de 1500€. Cobre todos os gastos de transporte , aloxamento, comidas, seguro de viaxe e actividades desde o punto de inicio ata o de finalización (Katmandú en ambos os casos).
Requisitos:
Nacer entre o 14 de xullo de 2000 e o 14 de xullo de 2008.
Falar castelán.
Modo de participar por 1ª vez:
Encher formulario en liña.
Facer proxecto de investigación (obrigatorio para participar) co que empezar a coñecer os eixos temáticos da Expedición.
Esta expedición funciona como unha universidade itinerante a través dun modelo pedagóxico baseado nunha educación continua, transversal e integradora en continuo movemento.
Aulas académicas: nas cales vivir a experiencia aprendendo a mirar cada lugar dunha forma máis especial a través da historia, antropoloxía, bioloxía e medioambiente, etc.
Talleres de expedicionarios: espazo no que as e os participantes, desde o seu ámbito de estudo, poden desenvolver as súas ideas dunha forma creativa, facendo partícipe ás e os compañeiros, e colaborando así a enriquecer a experiencia das demais.
Conferencias: nas que se achega o contexto básico para todo o grupo da historia que cuentanen cada edición. Con isto trátase non só ensinar as diversas mostras culturais dos lugares visitados e a súa xente, senón tamén de facer partícipes ás e os expedicionarios das mesmas.
Na expedición 2026, Ruta Inti percorrerá Nepal, empezando o 14 de xullo e acabando o 7 de agosto. O programa buscará achegarse á realidade e legado dos pobos e culturas tradicionais do país, aos que se irá a visitar entre as montañas máis impoñentes do mundo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible