Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Ruta Quetzal 2026: Tras as pegadas de Urraca a Temeraria, 900 anos do Reino de Galicia

Grazas ao patrocinio da Axencia de Turismo da Xunta de Galicia e á colaboración da asociación municipal Mar de Santiago, Ruta Quetzal propón unha nova expedición para o 2026 na que 200 mozos percorrerán Galicia, o norte de Portugal e a provincia de León, do 28 de xuño ao 11 de xullo de 2026.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 28/06/2026 ata o 11/07/2026

Inscricións:

Ata o 09/03/2026

ata as 12.00 h.

Prezo:

Cada expedicionario deberá pagar unha cota única de 350 €.

Os gastos xerados ao longo da Expedición, desde a súa incorporación ata a finalización da mesma, estarán cubertos pola Organización.

Requisitos:

  • Poderán participar mozos de ambos os sexos de calquera nacionalidade, nacidos exclusivamente no ano 2010 e que cursasen 3º ESO ou 1º FPB en España, ou curso equivalente no estranxeiro, pero teñan residencia en España.
  • Para inscribirse cada concursante deberá cumprimentar o Formulario de Participación, no achegando a documentación requeida en formato pdf.

Páxina web:

www.rutaquetzal.com

Contacto:

Ruta Quetzal

correo-e: rutaquetzal@rutaquetzal.com

O número de prazas para participar na expedición Ruta Quetzal 2025 será de 200 , que se asignarán tendo en conta os siguentes criterios, un académico e outro meritorio, cuxa suma darán como resultado a nota total que obterá cada participante:

  • Valor académico: media aritmética resultante das notas medias finais correspondentes aos cursos de 1º, 2º e 3º ESO. Este valor é obrigatorio e computará un 70% da nota total.
  • Valor meritorio: dirixido a aqueles participantes que, ademais de cursar os seus estudos de ESO, estudan algún idioma, realizan algunha actividade musical (instrumento, danza ou canto) ou practican algún deporte. Este valor non é obrigatorio e computará un 30% da nota total.

- 190 prazas que se distribuirán a partir dunha cota determinada para cada comunidade ou cidade autónoma española, en proporción ao número de mozos que concursen polas devanditas rexións.

- 10 prazas reservaranse aos concursantes que se presenten polos municipios galegos de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión