Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Semana Santa en Marrocos coa Asociación Vento Norte Sur

A Asociación Vento Norte Sur propón para esta viaxe un intercambio cultural co pobo bereber marroquí; unha experiencia para vivir durante unha semana a esencia do deserto.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 28/03/2026 ata o 05/04/2026

Inscricións:

ata cubrir prazas.

Prezo:

565€. Inclúe: Ferry de ida (Almería - Melilla) e volta (Nador - Almería), bus e desprazamentos toda a semana, manutención, aloxamento, guías e monitores, seguro de viaxe.

Requisitos:

  • Persoas maiores de idade (menores poden ir acompañados por familiares).

Páxina web:

www.vientonortesur.org

Contacto:

Asociación Vento Norte Sur

Praza Toledo s/n, baixo, Murcia 30009

Tel. 630 68 30 08

Correo: info@vientonortesur.org

A Asociación Vento Norte Sur actúa nesta zona do deserto apoiando a varias asociacións locais. Entre elas atópase Aisha Danza Alma, asociación española que educa a nenos e adultos nómades que non teñen acceso á educación. Nesta viaxe achegarase material de primeira necesidade a diferentes poboacións (roupa, material escolar e sanitario). As persoas participantes colaborarán nesta tarefa, así mesmo, realizaranse visitas culturais pola rexión (pobos, zocos, asentamentos rurais, baños públicos,...) e talleres con asociacións locais co obxectivo de sacar o máximo proveito do intercambio cultural co pobo bereber.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión