Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Sinerxias Artísticas 2026: “It Don’t Mean a Thing if It Ain’t Got That Swing”

No mes de xuño, no teatro Colón, estrease a cuarta edición de Sinerxias Artísticas, un proxecto que se está a consolidar como unha das experiencias educativas e creativas máis singulares do panorama educativo e artístico galego. Un espazo onde a aprendizaxe se transforma en creación e onde a colaboración entre centros, disciplinas e persoas se converte no verdadeiro motor da arte. O verdadeiro sentido desta proposta reside na convicción de que a aprendizaxe significativa xorde do encontro, do intercambio e da creación colectiva: só desde o traballo en equipo e a suma de miradas diversas é posible xerar novas formas de entender a arte e a educación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/06/2026 ata o 03/06/2026

Horario:

20:00h.

Prezo:

de balde. Entrada libre até completar cabida.

Páxina web:

eapicasso.com

Contacto:

EASD Pablo Picasso

Rúa Os Pelamios, 2. 15001- A Coruña

tel: 981 225 396

e-correo: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.gal

Esta nova edición consolida unha maneira de entender a educación artística baseada na cooperación real entre especialidades, na ruptura dos límites tradicionais entre estudos e na posta en valor do traballo interdisciplinar como motor de transformación. Sinerxias convértese así nun laboratorio vivo onde a música, as artes escénicas, o deseño, a imaxe e a técnica dialogan en igualdade, nun esforzo conxunto por ofrecer ao alumnado unha experiencia formativa que transcende o individual.

Nesta ocasión, o eixo vertebrador é a Big Band do CSM da Coruña, que se converte no corazón dun percorrido musical e escénico pola historia do jazz e das súas múltiples transformacións. Unha viaxe que atravesa o swing de Duke Ellington e Fletcher Henderson, a sofisticación de Thad Jones e Sammy Nestico, a enerxía do Latin Jazz e do Cubop de Tito Puente, a liberdade do jazz moderno e a emoción das grandes voces que marcaron o século XX.

Este proxecto, que reúne a máis dun cento de estudantes e profesionais de diferentes centros educativos galegos, consolídase como unha verdadeira plataforma de creación interdisciplinar: a Escola Pablo Picasso encárgase do deseño visual e escenográfico; o CIFP Paseo das Pontes, do vestiario; o CIFP Someso, da caracterización; o CIFP Imaxe e Son, da documentación audiovisual; a ESAD de Galicia, da construción dramatúrxica e escénica; e o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, da creación da atmosfera floral e vexetal do espectáculo.

LUGAR: Teatro Colón. Avenida da Marina, 7 A. 15003-  A Coruña

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión