Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias organiza esta viaxe que ten como obxectivo realizar unha ruta para coñecer o marabilloso románico da montaña palentina, considerado como a concentración de monumentos románicos máis importante de Europa.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 03/07/2026 ata o 05/07/2026
Inscricións:
Ata o 30/04/2026
Número de prazas:
20 – 25 persoas
Prezo:
Prezo en habitación dobre: 400 € persoas socias e 450 € non socias
Prezo habitación individual: 450 € socias e 500 € non socias.
O prezo inclúe a viaxe, as comidas de venres, sábado e domingo e as entradas a todas as visitas. Todas elas serán guiadas por persoas expertas en arte románica.
O aloxamento será no hotel Marqués de Aguilar (***) en Aguilar de Campoo, en réxime de aloxamento e almorzo.
Programa da viaxe
Venres 3: saída ás 9 horas en autobús desde o Aquarium Finisterrae con destino a Aguilar de Campoo. Parada en ruta, comida e chegada aproximada ao hotel ás 16 horas. Acomodación e visita guiada á Capilla de Santa Cecilia e ao Monasterio de Santa María la Real. A continuación cea libre.
Sábado 4: almorzo no hotel e comezo da ruta do románico. Dirixímonos a Cervatos, para visitar a Colegiata de San Pedro, e seguimos a Revilla de Santullán e a Villanueva de la Torre. Comida en San Salvador de Cantamuda. Finalizada a comida, comezan as visitas na Iglesia de San Salvador, partindo logo cara Perazancas de Ojeda, onde visitaremos a Iglesia de la Asunción e a Ermita de San Pelayo. Retorno a Aguilar de Campoo. Cea libre.
Domingo 5: almorzo no hotel e partida cara a Valdehuesa, para facer unha visita guiada ao Museo de la Fauna Salvaje. Finalizada a visita, comida en Valdevimbre e, despois de comer, reemprendemos o camiño de volta. Tras unha parada técnica, chegada ao Aquarium Finisterrae ao redor das 20 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible