Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Viaxe ao románico da montaña palentina

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias organiza esta viaxe que ten como obxectivo realizar unha ruta para coñecer o marabilloso románico da montaña palentina, considerado como a concentración de monumentos románicos máis importante de Europa.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/07/2026 ata o 05/07/2026

Inscricións:

Ata o 30/04/2026

Número de prazas:

20 – 25 persoas

Prezo:

  • Prezo en habitación dobre: 400 € persoas socias e 450 € non socias
  • Prezo habitación individual: 450 € socias e 500 € non socias.

O prezo inclúe a viaxe, as comidas de venres, sábado e domingo e as entradas a todas as visitas. Todas elas serán guiadas por persoas expertas en arte románica.

Páxina web:

amigoscc.es

Contacto:

Asociación de Amigosda Casa das Ciencias

Parque de Santa Margarida,  s/n. 15005- A Coruña

e-correo: juan.rico@gmail.com

O aloxamento será no hotel Marqués de Aguilar (***) en Aguilar de Campoo, en réxime de aloxamento e almorzo.

Programa da viaxe

  • Venres 3: saída ás 9 horas en autobús desde o Aquarium Finisterrae con destino a Aguilar de Campoo. Parada en ruta, comida e chegada aproximada ao hotel ás 16 horas. Acomodación e visita guiada á Capilla de Santa Cecilia e ao Monasterio de Santa María la Real. A continuación cea libre.
  • Sábado 4: almorzo no hotel e comezo da ruta do románico. Dirixímonos a Cervatos, para visitar a Colegiata de San Pedro, e seguimos a Revilla de Santullán e a Villanueva de la Torre. Comida en San Salvador de Cantamuda. Finalizada a comida, comezan as visitas na Iglesia de San Salvador, partindo logo cara Perazancas de Ojeda, onde visitaremos a Iglesia de la Asunción e a Ermita de San Pelayo. Retorno a Aguilar de Campoo. Cea libre.
  • Domingo 5: almorzo no hotel e partida cara a Valdehuesa, para facer unha visita guiada ao Museo de la Fauna Salvaje. Finalizada a visita, comida en Valdevimbre e, despois de comer, reemprendemos o camiño de volta. Tras unha parada técnica, chegada ao Aquarium Finisterrae ao redor das 20 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión