Os campos de voluntariado son actividades que se realizan para apoiar á Rede de Parques Nacionais no estudo de seguimento do Cambio Climático en ecosistemas acuáticos de alta montaña e realízanse de forma colectiva na que os participantes acceden de forma voluntaria co ánimo de contribuír a mellorar os espazos naturais que nos rodean.
Para público en xeral
Asociación de Ciencias Ambientais
Tel.: 606 088 883
https://www.cienciasambientales.org.es/index.php/contacta-con-aca
Lugares e datas
Actividades
O obxectivo principal é apoiar ás actividades de seguimento do cambio climático na rede de Parques Nacionais. Centraranse principalmente no seguimento das poboacións de macroinvertebrados acuáticos nos diferentes puntos de mostraxe de cada Parque, e realizaranse de forma complementaria outras actividades de carácter ambiental. Podes atopar máis información sobre as actividades aquí.
Inscrición
A través do formulario en liña
O prazo de inscrición queda aberto ata comunicación por parte de ACA na web, boletín e redes sociais. Unha vez pechada a inscrición, contactarase canto antes cos seleccionados
Canto che vai a custar?
Inclúense de forma gratuíta os gastos de aloxamento (en habitacións compartidas), manutención (menús e picnic) e transporte durante os días de voluntariado polo espazo natural (non se inclúen os gastos de desprazamento desde o lugar de residencia do voluntario ata o espazo protexido onde se desenvolve a actividade).
Dende o 06/07/2026 ata o 08/07/2026
Ata o 16/06/2026
Dende o 19/05/2026 ata o 10/09/2026
ás 15:00 horas.
17/06/2026
Ata o 05/06/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible