A Fundación MOP organiza "Wonderland", de Annie Leibovitz, a gran retrospectiva da obra desta fotógrafa e retratista. A exposición fará un percorrido polo abraiante universo fotográfico de Leibovitz en toda a súa dimensión, e achegaranos a obra da artista a través de catro seccións diferenciadas que nunca antes foran presentadas de forma conxunta nunha única mostra.
Para público en xeral
Dende o 22/11/2025 ata o 01/05/2026
Visitas guiadas: 5€. * Menores até 16 anos: de balde.
Espazo de Exposicións da Fundación MOP
Centro MOP. Peirao de Batería R/ Xardíns de Méndez Núñez, s/n. 15003- A Coruña
Formulario contacto: https://themopfoundation.org/gl/contact
Partindo dunha instalación inmersiva do traballo da artista cos Rolling Stones, a exposición avanza a través doutras dúas seccións -Early Years e Stream of Consciousness-, que amosan a evolución dos códigos da fotógrafa nos seus diferentes estilos, plasmando o seu proceso de creación e a súa voz narrativa.
A última parte da exposición, Wonderland, que tamén lle dá o título ao conxunto da mostra, reúne 100 impresións (moitas delas nunca antes expostas) e instalacións de vídeo do seu impresionante traballo no mundo da moda e o estilo.
VISITAS GUIADAS:
É posible reservar unha visita guiada, en galego ou español, a través da páxina da exposición.
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible