Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

10 resultados

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Elas pisaron a lúa

    Muller astronauta observando á Venus de Botticelli e máis obras de arte

    Cando:

    Dende o 01/10/2026 ata o 30/10/2026

    A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés acolle a mostra bibliográfica Elas pisaron a lúa, unha proposta que busca dar visibilidade ás mulleres que, malia as súas achegas á literatura, á ciencia e á sociedade, foron silenciadas ou relegadas ao esquecemento.

  • Exposición "Vítor Mejuto. Coruña ciudad" na Sede Afundación da Coruña

    Banner da web.

    Cando:

    Dende o 14/10/2026 ata o 09/01/2027

    A Sede Afundación da Coruña acolle a exposición «Vítor Mejuto. Coruña ciudad», unha mostra que invita a redescubrir a cidade a través da mirada do artista sobre as formas da arquitectura cotiá, os seus detalles e solucións construtivas.

  • Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

    portada do folleto da axenda de outubro: Explora, Descobre, Crea

    Cando:

    Dende o 01/10/2026 ata o 31/10/2026

    O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), presenta a axenda de actividades do mes de outubro, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas.

  • Festigual 2026

    Cartel da edición 2026 do festival

    Cando:

    Dende o 14/11/2026 ata o 19/11/2026

    Volve o Festigual un ano máis, celebrando este 2026 dez anos de cultura, inclusión e diversidade. Música, teatro, danza, cinema, artes visuais e novas experiencias nun festival feito para todas.

  • Percorridos comentados "Habitar o inesperado" no Centro de Arte da FMJJ

    Foto dunha visita á exposición.

    Cando:

    Os días 15 e 29 de outubro, 12 e 26 de novembro e 10 de decembro de 2026; 21 de xaneiro, 4 e 18 de febreiro, 4 e 18 de marzo, 1, 15 e 29 de abril e 13 e 27 de maio de 2027.

    Inscricións:

    Dende o 25/09/2026 ata o 27/05/2027

    O Centro de Arte da Fundación María José Jove organiza o percorrido comentado «Habitar o inesperado», unha proposta que convida a descubrir diferentes formas de achegarse, percorrer e activar tanto a Colección Permanente como as exposicións temporais. A través dunha visita guiada, as persoas participantes poderán explorar as obras e os espazos do centro desde novas perspectivas.

  • Exposición de fotografía: Camiños

    Grupo de persoas participando nunha manifestación

    Cando:

    Dende o 01/10/2026 ata o 16/10/2026

    O Fórum Metropolitano acolle a exposición fotográfica “Camiños”, unha proposta do colectivo Ollo de Vidro.

  • Exposición de fotografía micropictórica

    Fotografia da artista

    Cando:

    Dende o 19/10/2026 ata o 02/11/2026

    O Fórum Metropolitano acollerá unha exposición de fotografía micropictórica da artista More de la Cal.

  • Habana Mater. 2003-2023. Luís Gabú

    Cartel da exposición

    Cando:

    Dende o 15/05/2026 ata o 31/10/2026

    O Museo de Belas Artes da Coruña presenta a exposición HABANA MATER. 2003-2023. Luís Gabú, organizada en estreita colaboración co fotógrafo coruñés Luís Gabú e o equipo técnico facultativo do propio museo.

  • O Bosco e Bruegel. Unha viaxe a mundos fantásticos

    Imaxe da obra

    Cando:

    Dende o 23/10/2026 ata o 24/01/2027

    A Fundación Barrié acolle esta exposición dedicada á obra de Jheronimus van Aken ou Hieronymus Bosch (c. 1450-1516), coñecido como o Bosco, e Pieter Bruegel o Vello (c. 1525-1569), dous artistas que se atopan nesta fascinante mostra dedicada á imaxinación e a fantasía.

  • Seoane reencontrado. Óleos 1945 – 1977

    Cadro de Luis Seoane

    Cando:

    Dende o 14/05/2026 ata o 14/05/2027

    Con motivo da celebración do 30 aniversario da súa creación, a Fundación Luis Seoane presenta Seoane reencontrado, unha exposición que saca á luz un conxunto de 55 óleos da colección institucional que non se amosaban ao público desde fai máis dunha década, dos que 38 nunca foron expostos nas súas salas.

resultados 10

  • 1 Páxinas
  • 1

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión