11 resultados

diferente prazo según suposto.
A Consellería de Política Social e Igualdade convoca as axudas económicas, a través da Tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2026.

Ata o 02/03/2026
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais co obxectivo de favorecer a participación das persoas mozas galegas na realización de proxectos de voluntariado.

Dende o 13/02/2026 ata o 30/04/2026
, ás 20:00 h, salvo esgotamento do crédito orzamentario.
Axuda destinada ás persoas mozas traballadoras que aluguen ou adquiran en propiedade unha vivenda, para contribuír a sufragar os gastos derivados da súa emancipación (mobiliario, electrodomésticos, enxoval, decoración) nunha vivenda distinta á dos proxenitores.

Ata o 02/03/2026
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca as axudas destinadas a entidades participantes no programa de mobilidade transnacional xuvenil Galicia Moza con Alma, cuxo obxectivo é empoderar as persoas mozas vulnerables á hora de integrarse no mercado laboral, o sistema educativo ou na sociedade, mediante a realización de prácticas formativas non laborais nun Estado membro da Unión Europea.

Ata o 31/12/2026
ou ata o esgotamento do crédito dispoñible
O Ministerio de Sanidade e o Consello de Ópticos e Optometristas asinaron un convenio para a implementación do Plan Vexo, un programa de axudas directas para sufragar a adquisición de sistemas de axuda visual (lentes, lentes graduadas e lentes de contacto) en poboación menor de idade ata os dezaseis anos incluídos.

Ata o 11/09/2026
Co fin de animar á cidadanía a facerse cargo dun animal abandonado e por terceiro ano consecutivo, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convoca unha liña de axudas destinadas a fomentar a adopción de animais domésticos de compañía acollidos nos centros de recollida autorizados.

Ata o 31/12/2026
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia, para o ano 2026.

Dende o 15/11/2025
según programa de subvencións.
A Deputación Provincial da Coruña convoca subvencións a entidades privadas sen ánimo de lucro da provincia.

Dende o 16/05/2025 ata o 13/11/2026
ou cando se esgoten os fondos.
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, para o período 2025-2026.

Ata o 30/11/2026
ou ata o esgotamento da partida orzamentaria.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca subvencións do programa Bono de Alugueiro Social destinado a atender con carácter urxente situacións de especial dificultade económica nos casos que se especifican na convocatoria.
resultados 11
25 de abril e 15 de xuño de 2026
Os días 23/04/2026, 24/04/2026
Dende o 26/02/2026 ata o 11/03/2026
Dende o 12/02/2026 ata o 05/03/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible