8 resultados

entre os meses de xuño e setembro.
Ata o 30/10/2026
O Servizo Alemán de Intercambio Académico (DAAD) convoca bolsas para realizar cursos de verán en universidades alemás durante o ano 2027.

Ata o 15/10/2026
A Fundación Andersen Iberia convoca o Programa de Bolsas Andersen Scalae Universidad, que ofrece oito bolsas de 6.000 euros anuais dirixidas a mozos e mozas con menos oportunidades e excelentes expedientes académicos. As axudas están destinadas a facilitar o acceso, a permanencia e a finalización de estudos universitarios oficiais de Grao en España ou Portugal, e compleméntanse con titoría e mentoría profesional, apoio psicolóxico e oportunidades de empregabilidade.

Dende o 05/10/2026 ata o 27/10/2026
O Concello da Coruña convoca bolsas destinadas ao alumnado de 4º da ESO, residente na Coruña e matriculado nun centro educativo da cidade, para a realización de 1º de bacharelato en Canadá, durante o curso escolar 2027/28.

Ata o 02/11/2026
A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa de formación, dirixida a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.

Ata o 14/10/2026
A Comisión Fulbright abre a convocatoria de ata 10 prazas para ensinar español en universidades de Estados Unidos durante o curso 2027-2028. O programa permite combinar a experiencia como docente cunha inmersión na vida universitaria e cultural estadounidense, xa que as persoas seleccionadas poderán cursar materias de grao e participar en actividades académicas e extracurriculares durante os nove meses de estadía.

Dende o 21/06/2027 ata o 20/08/2027
Dende o 04/09/2026 ata o 20/10/2026
A Fundación Barrié anuncia a convocatoria do 2027 Summer Undergraduate Fellowship Program, un programa de estadías de investigación internacional durante o verán de 2027 dirixido a estudantes universitarios galegos de graos universitarios da área de Ciencias da Vida.

Ata o 31/03/2027
Ás 23:59 h. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través do Portal de solicitude
Co fin de contribuír a que as persoas se adapten ás esixencias do mercado laboral europeo, adquiran aptitudes específicas e melloren a súa comprensión do contorno económico e social de Europa, ao tempo que adquiren experiencia laboral, A Universidade da Coruña publica a Convocatoria de bolsas de mobilidade internacional de estudantes para prácticas en empresas para o curso 2026/207

Ata o 30/06/2026
2º prazo: do 13 de outubro ao 13 de novembro de 2026.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas económicas para o alumnado que realiza formación en empresa establecida para as ensinanzas incluídas no sistema educativo de formación profesional.
resultados 8
Dende o 02/10/2026 ata o 09/10/2026
Dende o 05/10/2026 ata o 27/10/2026
Dende o 09/10/2026 ata o 31/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible