Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

15 resultados

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • 3 bolsas de formación sobre comunicación institucional, interna e externa, no Senado

    Persoa con um teléfono móbil nas mans.

    Inscricións:

    Ata o 22/10/2026

    A Mesa do Senado convoca bolsas de formación sobre comunicación institucional interna e externa relacionada coa actividade oficial do Senado, para o ano 2027, con destino na Dirección de Comunicación e dirixidas a mozas con titulación universitaria que desexen especializarse nestes campos.

  • 2 bolsas de formación xurídico-política no Senado

    Mozo nunha biblioteca.

    Inscricións:

    Ata o 29/10/2026

    A Mesa do Senado convoca bolsas de formación xurídico-política relacionada coa actividade oficial do Senado, para o ano 2027, con destino na Dirección de Estudos e dirixidas a mozos con titulación universitaria que desexen especializarse nestes campos.

  • 10 bolsas de formación archivística, documental e bibliotecaria no Senado

    Archivadores.

    Inscricións:

    Ata o 29/10/2026

    A Mesa do Senado convoca dez bolsas de formación archivística, documental e bibliotecaria, relacionada coa actividade oficial do Senado para o ano 2027, con destino na Dirección de Documentación e dirixidas a mozas con titulación universitaria que desexen especializarse nestes campos.

  • Programa de Axudas para Promover o Acceso ao Emprego Público das Persoas con Discapacidade

    Cartel das bolsas.

    Inscricións:

    Ata o 16/10/2026

    O programa concede axudas de ata 5.000 euros, para que persoas con discapacidade con titulación universitaria leven a cabo a preparación das probas selectivas de acceso a corpos ou escalas do grupo de clasificación profesional “A” (A1 ou A2) da Administración Xeral do Estado, das Comunidades Autónomas e das Entidades Locais.

  • Bolsa Joana Biarnés para Mozas Fotoperiodistas

    Rostro de Joana Biarnés

    Inscricións:

    Dende o 14/09/2026 ata o 16/11/2026

    A Bolsa Joana Biarnés para Mozas Fotoperiodistas permite desenvolver investigacións fotoperiodísticas en profundidade, dentro do territorio estatal, acerca de temas sobre os que a nosa sociedade necesita reflexionar.

  • Bolsas Cátedra para estudantes do Máster de Acceso á Avogacía e Procúraa

    Bolsas Cátedra

    Inscricións:

    Ata o 21/10/2026

    ata as 13:00h.

    Fundación Mutualidade convoca 150 bolsas para estudantes que estean matriculados/as ou cursando o Máster Universitario de Acceso ás profesións de avogacía e procura durante o curso académico 2026/2027 en calquera das escolas de práctica xurídica, universidades e centros do territorio do Estado español.

  • Bolsas Andersen Scalae Universidad

    Grupo de persoas cubrindo un formulario sentados nunhas cadeiras.

    Inscricións:

    Ata o 15/10/2026

    A Fundación Andersen Iberia convoca o Programa de Bolsas Andersen Scalae Universidad, que ofrece oito bolsas de 6.000 euros anuais dirixidas a mozos e mozas con menos oportunidades e excelentes expedientes académicos. As axudas están destinadas a facilitar o acceso, a permanencia e a finalización de estudos universitarios oficiais de Grao en España ou Portugal, e compleméntanse con titoría e mentoría profesional, apoio psicolóxico e oportunidades de empregabilidade.

  • Programa de préstamo de bicicletas na UDC 2026/2027

    alumnado da udc en bici

    Inscricións:

    Dende o 06/10/2026 ata o 12/10/2026

    A Universidade da Coruña convoca para o curso 2026/2027 o seu programa de préstamo de bicicletas dirixido a toda a comunidade universitaria, que ten como obxectivo promover a mobilidade sostible, facilitando o acceso a unha bicicleta a aquelas persoas interesadas en facer uso da mesma para desprazarse aos centros universitarios.

  • Bolsa Santander - Microcredenciais 2026 II Edición

    Fotografía dunha persoa estudando.

    Inscricións:

    Ata o 20/10/2026

    O Banco Santander convoca axudas para contribuír a sufragar os gastos de estudos de microcredenciais ou outras certificacións de formación continua homologables en canto a carga lectiva (ata 15 ECTS).

  • 14 bolsas para a realización de actividades de formación, información e divulgación na Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia

    Lámpadas.

    Inscricións:

    Ata o 19/10/2026

    O Ministerio de Economía, Comercio e Empresa convoca bolsas para a realización de actividades de formación, información e divulgación relacionadas co ámbito de actuación da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.

resultados 15

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión