Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
11 bolsas para a formación especializada en áreas e materias educativas
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca bolsas para a formación especializada en áreas e materias educativas no ámbito da Dirección Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial para o curso 2026-2027.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 09/04/2026
ás 15:00 horas.
Duración:
12 meses.
Requisitos:
Ser maior de idade e posuír a nacionalidade española, dalgún outro Estado Membro da Unión Europea ou dos signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo e ter residencia legal en España no momento da súa incorporación ao goce da bolsa. De non posuírse a nacionalidade española, deberase acreditar un nivel C2 de español segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas.
PERFIL 1: Actividades relacionadas coas avaliacións internacionais do sistema educativo:
Grao en Tradución e Interpretación (primeiro idioma inglés), Grao en Estudos Ingleses ou titulacións equivalentes.
Titulación de grao en calquera especialidade con, polo menos, nivel C1 en inglés acreditado.
PERFIL 2: Actividades relacionadas coas avaliacións nacionais do sistema educativo:
Grao universitario ou equivalente e ademais estar a cursar ou estar en posesiónde un título de Máster universitario oficial relacionado coa Educación nas etapas de Educación Primaria e/ou Educación Secundaria Obrigatoria.
PERFIL 3: Actividades relacionadas coa avaliación e a análise de datos:
Grao en Matemáticas, Estatística, Sociología, Psicoloxía, Psicopedagoxía ou Educación, ou graos equivalentes aos anteriores.
PERFIL 4: Maquetación e redes sociais:
1.ª prioridade: Título de Técnico Superior da rama de Artes Gráficas, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Gráfica Impresa ou Título Superior de Deseño, especialidade Deseño Gráfico ou equivalente.
2.ª prioridade: Título de Técnico en Preimpresión Dixital
PERFIL 5: Actividades relacionadas con Eurydice-REDIE.
Grao universitario ou equivalente e ademais estar a cursar ou estar en posesión dun título de Máster universitario oficial relacionado coa Educación nas etapas de Educación Primaria e/ou Educación Secundaria Obrigatoria.
Competencia lingüística en inglés equivalente a un B2 do MCER (acreditado).
Obter a titulación requirida para cada perfil con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible