Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
12 axudas para estudos de máster nos Estados Unidos de América
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Comisión Fulbright convocan axudas para a realización de estudos de máster en Universidades e Institucións de Educación Superior dos Estados Unidos de América para o curso 2026-2027.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 27/01/2026 ata o 16/02/2026
ás 14:00 horas.
Duración:
24 meses, como máximo.
Requisitos:
Título de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñería ou equivalente.
Concluír os estudos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020. Os estudantes que estean a finalizar os estudos no curso 2025-2026 non poderán participar na convocatoria. No caso de que o solicitante posúa ou estea en condicións de obter máis dunha titulación, a efectos do cumprimento deste requisito, só se terá en conta a titulación máis antiga.
Acreditar cursar un mínimo de 240 créditos e o expediente académico debe ter unha nota media, na escala 0-10, igual ou superior a 7 puntos.
Ter nacionalidade española. As persoas que teñan a dobre nacionalidade, sendo a estadounidense una delas, non poden optar a estas axudas.
Remuneración / Custo:
Dotación mensual de 2.670,00 euros.
Dotación de 20.000,00 euros en concepto de matrícula ou taxas académicas.
Axuda de 1.500,00 € para os gastos de viaxe de ida e volta.
Plan de cobertura de accidentes corporais e de asistencia sanitaria.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible