Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

133 prazas docentes en Seccións Bilingües de español en centros educativos estranxeiros

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca prazas de profesores e profesoras en Seccións Bilingües de español en centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Moldavia, Polonia, República Checa, Romanía e Rusia para o curso 2026-2027.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 18/05/2026

ás 15:00 horas.

Duración:

Curso 2026/2027.

Requisitos:

  • Ter nacionalidade española.
  • Non ter antecedentes penais, nin delitos de natureza sexual.
  • Posuír a titulación requirida para cada destino (anexo I da convocatoria)
  • Estar en posesión do Máster que habilita para o exercicio da docencia en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinos de idiomas, coas excepcións que se recollen na convocatoria.
  • Para as prazas en China, contar con polo menos dous anos de experiencia docente a xornada completa en ensinos regrados de linguas.

Remuneración / Dotación:

13.584 euros por curso académico, excepto profesorado destinado a Rusia que será de 18.156 euros. Ademais, unha axuda anual en concepto de viaxes de ida e volta aos países de destino por un importe de 1.000 euros, salvo a China, que será de 1.300 euros.

Páxina web:

www.educacionfpydeportes.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Rúa Os Madrazo, 17, 28014 Madrid

Correo electrónico: secciones.bilingues@educacion.gob.es

Publicación: BOE 25/04/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 900917

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión