Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

192 axudas para participar nun programa de inmersión en inglés para alumnado de 6º de Primaria e 2º de ESO

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas destinadas a alumnado de 6º de Educación Primaria e 2º da ESO para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés en España durante o curso 2026/2027.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 11/05/2026

ás 12:00 horas.

Duración:

Quendas semanais, de domingo pola tarde a sábado pola mañá.

Requisitos:

  • Grupos de entre 20 e 25 estudantes de 6º curso de Educación Primaria ou de 2º curso de ESO.
  • O alumnado participante debe estar matriculado en centros españois públicos ou concertados, e participarán acompañados por dous docentes, un deles terá a especialidade de inglés.
  • Cada centro educativo solicitante presentará un proxecto de acordo coas instrucións e orientacións fixadas no marco do currículo para 6º Primaria ou para 2º ESO, segundo corresponda.

Remuneración / Custo:

As axudas cubrirán todos os gastos relacionados coa actividade desenvolvida no centro de inmersión sen incluír os gastos derivados do transporte, tanto de ida como de regreso.

Páxina web:

www.educacionfpydeportes.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Rúa Os Madrazo, 17. 28014 Madrid.

Tlf. 910 837 937

Correo-e: inmersion.ingles@educacion.gob.es

Publicación: BOE 14/04/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 897203

As axudas distribuiranse do seguinte modo:

  • 96 axudas para grupos de estudantes que estean a cursar 6º curso de Educación Primaria durante o curso 2026/2027.
  • 96 axudas para grupos de estudantes que estean a cursar 2º curso de ESO durante o curso 2026/2027.

As actividades do programa realizaranse durante o curso académico 2026-2027, durante dous períodos diferenciados, outono 2026 e primavera 2027, comprendendo un total de 16 quendas semanais de domingo pola tarde (a partir das 18:00 h) a sábado pola mañá.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión