Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

20 bolsas de investigación da Deputación da Coruña

A Deputación Provincial da Coruña convoca bolsas destinadas a persoas con titulación universitaria co obxectivo de dar apoio á actividade investigadora en temas de interese para a realidade social, cultural, económica e política galega.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 16/03/2026 ata o 16/04/2026

ás 14:00 horas.

Duración:

Os traballos de investigación deberán desenvolverse no período 2026-2027, cunha duración mínima de nove meses.

Requisitos:

  • Ter menos de 36 anos na data de finalización do prazo de solicitudes.
  • Posuír titulación universitaria (licenciatura, diplomatura, grao ou equivalente) recoñecida oficialmente.
  • Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación dun certificado ou volante de empadroamento cunha antigüidade ininterrompida mínima dun ano 
  • As persoas solicitantes que xa fosen titulares de bolsa en tres convocatorias anteriores estarán excluídas de participar nesta.
  • As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude de xeito telemático no apartado específico da sede electrónica da Deputación da Coruña, SUBTEL. Cada persoa poderá presentar unha única solicitude.

Remuneración / Custo:

10.000 € cada bolsa.

Páxina web:

www.dacoruna.gal

Contacto:

Deputación Provincial da Coruña

Avenida Porto da Coruña nº2, 15003 A Coruña 

Tel. 981 415 319

Publicación: BOP 19/12/2025 (bases)

Áreas:

  • Área de artes e humanidades: 5 bolsas
  • Área de ciencias: 4 bolsas
  • Área de ciencias da saúde: 4 bolsas
  • Área de ciencias sociais, xurídicas e estudos de xénero: 5 bolsas
  • Área de enxeñaría e arquitectura: 2 bolsas

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión