Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

240 bolsas de introdución á investigación JAE INTRO 2026 no CSIC

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades convoca bolsas de introdución á investigación para estancias nalgún dos grupos de investigación que desenvolvan o seu labor nas diferentes estruturas coas que conta o CSIC.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 11/04/2026

Duración:

7 meses.

Requisitos:

  • Persoas matriculadas nun Grao Oficial de 240 ECTS no curso académico 2025-2026 e ter como mínimo 180 ECTS superados nese Grao.
  • Persoas matriculadas nun Grao ou nun Dobre Grao Oficial de 300 ECTS ou máis, no curso académico 2025-2026, e ter superados como mínimo 240 ECTS nese Grao ou Dobre Grao.
  • Finalizar o Grao e estar matriculadas nun Máster Universitario Oficial durante o curso académico 2025-2026 ou 2026-2027.
  • Acreditar unha nota media de grao ou licenciatura, nunha escala decimal de 0- 10 e con 2 decimais, igual ou superior a 7,50 para todos os ámbitos do coñecemento. As persoas solicitantes que non finalizasen os estudos de Grao deberán acreditar estas notas medias para os ECTS superados ata a data de presentación da súa solicitude.
  • Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Doutor/a.
  • Non ser persoa beneficiaria de ningunha bolsa do programa JAE en convocatorias anteriores.

Remuneración / Custo:

A contía total de cada bolsa ascende a 4.200 euros (600€/mes).

Páxina web:

www.csic.es

Contacto:

Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)

Serrano 117, Madrid

    Correo electrónico: jae@csic.es

    Publicación:

    BOE 11/03/2026 (extracto)

    Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 892036

    A distribución das bolsas JAE será a seguinte:

    • 40 bolsas dirixidas a estudantes universitarios que desexen iniciarse en proxectos de IA (JAE INTRO Momentum).
    • 200 bolsas das cales 90 serán para a área global Vida, 60 para a área global Materia e 50 para a área global Sociedade (JAE INTRO ORGC).

    Non perdas

    Non perdas

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión