Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
28 bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos da Deputación da Coruña
A Deputación Provincial da Coruña convoca 28 bolsas destinadas a financiar o gasto derivado da realización de estudos artísticos presenciais ou semipresenciais fóra de Galicia.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 16/03/2026 ata o 16/04/2026
ás 14:00 horas.
Duración:
Os estudos deberán desenvolverse no curso académico 2026-2027, cunha duración mínima de tres meses.
Requisitos:
Ter menos de 36 anos na data de finalización do prazo de solicitudes.
No caso de que se solicite a bolsa para estudos universitarios, non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo ou superior nivel á dos estudos para os que se solicita a bolsa.
Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación dun certificado ou volante de empadroamento cunha antigüidade ininterrompida mínima dun ano.
Acreditar formación previa na área de estudos para a que se solicita a bolsa.
As persoas solicitantes que xa fosen titulares de bolsa en tres convocatorias anteriores estarán excluídas de participar nesta.
As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude de xeito telemático no apartado específico da sede electrónica da Deputación da Coruña, SUBTEL. Non se admitirá máis dunha solicitude por persoa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible