Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
4 bolsas de estadías no estranxeiro para estudantes de fotografía
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca bolsas dirixidas ao alumnado que no curso académico 2025/26 finalice o segundo curso do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía ou o segundo curso do título de técnico superior en Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 29/06/2026
Requisitos:
A tramitación das solicitudes farase a través das secretarías dos centros onde cursen as ensinanzas no curso 2025/26.
Estar matriculada/o no curso 2025/26 no segundo curso do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía ou no segundo curso do ciclo formativo de grao superior en Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe, nun centro dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Ter superado integramente o primeiro e o segundo curso dos anteditos ciclos formativos de grao superior antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
Ter certificación dun nivel de competencia lingüística B2 ou superior en lingua inglesa...
Remuneración / Custo:
Cada bolsa dará dereito a incorporación das persoas bolseiras, durante o primeiro trimestre do curso académico 2026/27, ao programa MA Photography do Royal College of Art (Londres).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible