Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

4 bolsas de formación práctica en acuicultura

A Consellería do Mar convoca bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para persoas tituladas en ciclos formativos de acuicultura para a realización de prácticas de produción de cría de bivalvos nas instalacións do Instituto Galego de Formación en Acuicultura na Illa de Arousa (Igafa).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 03/07/2026

Duración:

As bolsas terán unha duración de 2 anos.

Requisitos:

  • Estar en posesión dun ciclo formativo de acuicultura: técnicos/as en Cultivos Acuícolas (FP-ciclo medio) ou técnicos/as en Acuicultura (FP-ciclo superior).
  • Ter nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea ou ser estranxeiro/a con permiso de residencia en España.
  • Non ter sido beneficiario/a destas bolsas ou outras similares en anteriores convocatorias, excepto que no conxunto das convocatorias anteriores gozasen da bolsa por un período de tempo non superior a 5 meses.
  • Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa similar a esta. Noutro caso, deberá renunciarse ao emprego ou á bolsa con anterioridade ao inicio da formación.
  • Acreditar o coñecemento da lingua galega, Celga 3.

Remuneración / Dotación:

O importe bruto mensual de cada bolsa será de 1.000,00 €. 

Páxina web:

www.mar.xunta.gal

Contacto:

Consellería do Mar. Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños. 15701 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 546 139

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es

Publicación: DOG 03/06/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PE601C

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión