Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
6 bolsas de formación de persoal auxiliar en materia de investigación mariña
A Consellería do Mar convoca bolsas para completar a formación de Técnicos/as Superiores de Ciclos Formativos de Grao Superior ou Técnicos/as de Ciclos Formativos de Grao Medio como persoal auxiliar
de investigación mariña.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 03/07/2026
Duración:
As bolsas terán unha duración de dous anos.
Requisitos:
Estar en posesión do título de Técnico/a Superior dos Ciclos Formativos de Grao Superior o de Técnico/a dos Ciclos Formativos de Grao Medio dalgunha das seguintes especialidades:
Familia Profesional: Química. Nivel: formación profesional de grao medio. Título: Técnico/a en Operacións de Laboratorio.
Familia profesional: Química. Nivel: formación profesional de grao superior. Título: Técnico/a superior en Laboratorio de Análise e de Control de Calidade.
Familia profesional: Sanidade. Nivel: formación profesional de grao superior. Título: Técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico.
Familia profesional: Marítimo-pesqueira. Nivel: formación profesional de grao superior. Título: Técnico/a superior en Acuicultura.
Ter rematados os estudos no ano 2017 ou posterior.
Ter nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais de Galicia.
Ter cursado os seus estudos nalgún dos centros públicos ou privados situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 3.
Remuneración / Dotación:
O importe bruto mensual de cada bolsa será de 1.000,00 €.
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PE609B
As bolsas realizaranse no Centro de Investigacións Mariñas de Galicia en Vilanova de Arousa (Pontevedra) ou en Ribadeo (Lugo) e distribuiranse do seguinte xeito:
Familia profesional
Nivel
Título
Vilanova de Arousa
Ribadeo
Química
Grao medio
T. en Operacións de Laboratorio
1
Química
Grao superior
TS en Laboratorio de Análise e de Control Calidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible