Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
6 bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento con destino en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, ou nas oficinas da cooperación española (OCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 04/05/2026
Duración:
máximo 12 meses.
Requisitos:
Ter veciñanza administrativa en Galicia.
Estar en posesión dun título universitario oficial de grao, licenciatura, diplomatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalente.
Ter rematado os estudos no ano 2017 ou posterior.
Non ter desfrutado anteriormente doutra bolsa de formación no eido da cooperación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia, excepto que nalgunha convocatoria anterior fose chamado da listaxe de reserva e desfrutase da bolsa por un período de tempo non superior a tres meses.
Non ter emprego remunerado nin estar a percibir prestación por desemprego nin desfrutar doutra bolsa, calquera que sexa esta ou, no caso de encontrarse nalgunha destas situacións, presentar un compromiso expreso de renunciar a elas con anterioridade á incorporación á bolsa.
Remuneración / Dotación:
1.100 € brutos mensuais, no caso de que o destino sexa na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.
1.350 € brutos mensuais, para o resto dos destinos. As persoas destinadas fóra da sede da Dirección Xeral recibirán, en concepto de aboamento dos gastos de viaxe e primeiro establecemento necesarios no desenvolvemento da bolsa, unha contía máxima de 2.200 €.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible