Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

9 bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nas universidades do Algarve, Autònoma de Barcelona, Universitat de Barcelona, Universidad de Extremadura, Universidade Nova de Lisboa, Università degli Studi di Padova, Universidade do Estado do Río de Janeiro, Universidade de Sâo Paulo e Sveučilište u Zadru.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 29/06/2026

Requisitos:

  • Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.
  • Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
    • Licenciatura en Filoloxía Galega.
    • Licenciatura en Filoloxía Románica.
    • Grao en Lingua e Literatura Galegas.
    • Grao en Estudos de Galego e Español.
    • Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios.
    • Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española.
    • Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
  • Tamén se poderá presentar quen estea en posesión dalgunha das titulacións da área de Humanidades ou da área de Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que posúa o Celga 5 ou 18 créditos de lingua galega e mais o Celga 4. Para as universidades de fóra de España, deberá acreditar 21 créditos en materias da lingua oficial do país no que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

Remuneración / Custo:

  • 1.225,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas.
  • 1.378,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras.

Páxina web:

www.lingua.gal

Contacto:

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Secretaría Xeral da Lingua

Rúa San Roque, 2. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 996 314

Email: lectorados@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 29/05/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PL500E

Destinos e datas de inicio e fin. Bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2026 nos centros de estudos galegos localizados nas seguintes universidades:

  • Universidade do Algarve (Faro): 1.10.2026 - 30.9.2029
  • Universitat Autònoma de Barcelona: 1.10.2026 - 30.9.2029
  • Universitat de Barcelona: 1.10.2026 - 30.9.2029
  • Universidad de Extremadura: 1.10.2026 - 30.9.2029
  • Universidade Nova de Lisboa: 1.10.2026 - 30.9.2029
  • Università degli Studi di Padova: 1.10.2026 - 30.9.2029
  • Universidade do Estado do Río de Janeiro: 1.1.2027 - 31.12.2029
  • Universidade de Sâo Paulo: 1.1.2027 - 31.12.2029
  • Sveučilište u Zadru: 1.10.2026 - 30.9.2029

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión