Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas ao estudantado refuxiado ou solicitante de protección internacional "Abriga UDC"

A Universidade da Coruña convoca o programa "Abriga UDC", bolsas de apoio ao estudantado matriculado ou que dexese matricularse na UDC e que, estando en posición do status de persoa refuxiada ou de solicitude de asilo ou que proveña de áreas xeográficas en conflito, ou países que sexan receptores de Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD), precise axudas para a continuidade ou o inicio de estudos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/10/2026

Requisitos:

Estudantado estranxeiro de fóra da Unión Europea, cos requisitos académicos necesarios para cursar un grao, posgrado ou doutoramento e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Persoas beneficiarias na edición 2025/2026 desta convocatoria de Axudas ABRIGA que continúen eses mesmos estudos na UDC e coa mesma situación socioeconómica.
  • Persoas refuxiadas ou solicitantes de protección internacional, apátridas ou beneficiarias de protección subsidiaria.
  • Persoas con autorización de residencia temporal por circunstancias excepcionais por razóns humanitarias.
  • Persoas nacionais dalgún país que reciba Axuda Oficial ao Desenvolvemento, que residan no Estado español legalmente.
  • Persoas que proveñan de áreas xeográficas en conflito...

Remuneración / Dotación:

As axudas ofrecidas quedan enmarcadas nas siguientes modalidades, puidéndose elixir máis dunha opción:

  • Taxas e prezos públicos da matrícula completa ou parcial do curso correspondente na UDC. 
  • Taxas de expedición de títulos.
  • Aloxamento nas residencias universitarias no caso de non ter cubertas estas necesidades por outros medios. 3 prazas nalgunha das dúas residencias universitarias (Elvira Bao da Coruña ou a Residencia Universitaria Pública de Ferrol).
  • Atención psicolóxica no programa Afrontemos da Universidade da Coruña.
  • Axudas económicas, para o estudantado matriculado no curso 2026/27, coa finalidade de garantir a igualdade de oportunidades daquelas persoas pertencentes aos colectivos definidos da convocatoria e nos seus anexos. O importe de cada axuda ascende a novecentos euros (900€), que se aboarán en 3 pagamentos.

Páxina web:

www.udc.gal

Contacto:

Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC

Facultade de Socioloxía, andar 1º - Campus de Elviña. 15008- A Coruña

tel: 981 167 000 ext. 1752

e-correo: ocv@udc.gal

www.instagram.com/ocvudc

www.facebook.com/ocv.udc

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión