Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas da UDC para estudantado en situacións de dificultades económicas, curso 2025/26
A Universidade da Coruña convoca axudas destinadas ao estudantado matriculado no curso 2025/26 na UDC co fin de contribuír a paliar as dificultades económicas que lle impidan continuar os estudos
conducentes á obtención dun título universitario oficial de grao ou máster.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 02/03/2026
Requisitos:
Estudantado matriculado nun centro propio da UDC en estudos oficiais de grao ou máster, que manteña a matrícula durante todo o curso 2025/26.
Estar nunha situación de dificultade económica debidamente acreditada que lle impida ao estudante a continuación dos seus estudos. Entenderase que o alumnado está nunha situación de dificultade económica cando concorra algunha das seguintes circunstancias:
Que os sustentadores principais estean en situación de desemprego, con ou sen prestación, ou outras circunstancias que supoñan unha redución importante dos seus ingresos
Que os ingresos da unidade familiar procedan de rendas de inclusión, subsidios ou outros
Falecemento dalgún dos proxenitores ou sustentadores principais da unidade familiar
Problemas de saúde do pai, nai, ou sustentadores principais que limiten ou dificulten a súa inserción no mundo laboral ou doutros membros da unidade familiar que supoñan gastos adicionais
Fogares monoparentais nos que se incumpra a pensión alimenticia
Outras situacións que poidan condicionar a situación persoal e socioeconómica da unidade familiar do alumnado.
Non dispor doutras axudas públicas ou privadas destinadas a esta mesma finalidade ou non cumprir os requisitos para obtelas.
Non dispor da bonificación equivalente ao 99% do prezo dos créditos superados no curso 24/25, establecida pola Xunta de Galicia
Non dispor dunha titulación de igual ou superior nivel á que está cursando e para a que se solicita a axuda.
Non superar os limiares de renda familiar establecidos no RD 163/2025, do 5 de marzo de 2025, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar para o curso 2025/26
Remuneración / Dotación:
A contía da axuda ten a finalidade de sufragar os prezos públicos da matrícula, non podendo superar os mil euros (1.000 €), agás casos excepcionais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible