Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas para participar no programa "Rutas científicas, artísticas e literarias"

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para un total de 96 grupos de estudantes de ensinos non universitarios para participar no programa nacional "Rutas científicas, artísticas e literarias" durante o curso 2026-2027, unha iniciativa que ten como obxectivo espertar o interese pola ciencia, a literatura e as artes á vez que se fomenta a convivencia con estudantes doutras Comunidades Autónomas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 24/04/2026

ata as 12:00 h.

Duración:

As rutas desenvolveranse en 6 quendas semanais (de domingo pola tarde a sábado pola mañá) entre o 18 de outubro e o 7 de novembro de 2026 e entre o 18 de abril e o 8 de maio de 2027

Requisitos:

  • Grupos de alumnos e alumnas de centros educativos españois sostidos con fondos públicos que cursen algún dos seguintes niveis educativos:
    • Nivel 1:
      • 5º e 6º de Educación Primaria
      • Educación Básica en CEE con idades comprendidas entre 10 e 13 anos.
    • Nivel 2:
      • 1º e 2º de ESO
      • Educación Básica en CEE con idades comprendidas entre 13 e 16 anos.
    • Nivel 3:
      • 3º e 4º ESO
      • FP Básica
      • Transición á Vida Adulta en CEE con idades comprendidas entre os 16 e 18 anos.
      • Programas Específicos de FP Básica en CEE con idades comprendidas entre os 16 e 18 anos.
    • Nivel 4:
      • Bacharelato.
      • Ciclos de Grao Medio de FP
      • Ciclos de Grao Medio de Ensinos Artísticos.
      • Transición á Vida Adulta en CEE con idades comprendidas entre os 18 e 20 anos.
      • Programas Específicos de FP Básica en CEE con idades comprendidas entre os 18 e 20 anos.
  • En calquera caso, a idade máxima de participación dos estudantes será de 20 anos no momento de inicio das actividades.
  • Os grupos estarán compostos de 20 a 24 estudantes e 2 docentes, fóra dos grupos de estudantes de educación especial que estarán compostos de 10 a 18 estudantes e entre 2 e 4 docentes acompañantes. Os grupos de centros de educación especial, estarán integrados como máximo por 10 estudantes con mobilidade reducida, 3 dos cales poderán presentar unha discapacidade motora severa (desprazamentos en cadeira de rodas).
  • Unicamente cumprimentarase unha solicitude por cada nivel e poderán presentarse, como máximo, 4 solicitudes por centro, unha por cada nivel. Laa solicitudes serán presentada polos centros educativos a través da web www.educacionfpydeportes.gob.es achegando a seguinte documentación:
    • - O Proxecto de participación (orixinal e específico para esta convocatoria e diferente para cada nivel)
    • - O documento de aprobación do Consello Escolar da participación do centro no programa.

Remuneración / Dotación:

O programa inclúe os custos de desenvolvemento das actividades educativas (materiais, guías, monitores, accesos, etc.), gastos de loxística por transporte, seguros de accidente e responsabilidade civil, aloxamento e manutención. O traslado das persoas participantes desde o lugar de residencia ata o punto de inicio da ruta e viceversa correrá a cargo dos interesados.

Páxina web:

www.educacionfpydeportes.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Rúa Os Madrazo, 17 (28014 - Madrid)

Tel.: 910 837 937

correo-e: programas@educacion.gob.es

Publicación: BOE 19/03/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS (Identif): 893777

As rutas propostas para o desenvolvemento do programa son as seguintes:

  • 1ª ruta: Murcia e Andalucía (Andalucía Oriental)
  • 2ª ruta: Navarra e Aragón
  • 3ª ruta: Asturias e Cantabria
  • 4ª ruta: Madrid e Castela-A Mancha (Castela-a Mancha occidental)
  • 5ª ruta: Estremadura e Andalucía (Andalucía Occidental)
  • 6ª ruta: Castela e León (Castela e León norte) e Galicia
  • 7ª ruta: País Vasco e Castela e León (Castela e León oriental).
  • 8ª ruta: Cataluña e Comunidade Valenciana

*Para o alumnado con necesidades educativas especiais realizaranse as adaptacións oportunas nas diferentes rutas a desenvolver.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión