Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas Adecco para persoas con discapacidade 2026

A fundación Adecco convoca estas bolsas co propósito de lograr a inclusión laboral das persoas con discapacidade, fomentando a formación en áreas con maiores saídas profesionais no ámbito empresarial.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/09/2026

Requisitos:

  • Persoas con certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%*.
  • Estar matriculada nunha universidade pública ou privada en estudos de Grao ou Mestrado, ou nun centro de FP en estudos de Grao Medio ou Grao Superior.
  • Co obxectivo de fomentar a formación en áreas con maiores saídas profesionais no ámbito empresarial, as titulacións que terán preferencia para aplicar a estas bolsas son:
    • PERFIL TÉCNICO:
      • Grao/Mestrado: Enxeñaría Industrial, Aeronáutica, Informática, Matemáticas, Física, Biotecnoloxía.
      • FP: Área Industrial, Informática, Loxística e Oficios.
    • PERFIL ADMINISTRATIVO
      • Grao/Mestrado: ADE, Economía, Dereito e RR. HH.
      • FP: Área Administrativa
    • PERFIL SANITARIO
      • Grao/Mestrado: Enfermaría, Farmacia, Enxeñaría Biomédica,
      • FP: Área Sanitaria
    • OUTROS PERFÍS
      • Grao/Mestrado: PRL, Traballo Social, Psicoloxía, Comunicación.
      • FP: Integración, Orientación.
  • Nacer en 1996 ou con posterioridade.
  • Ter residencia legal en España e, cando resulte esixible, autorización administrativa para traballar.

Remuneración / Custo:

UNIDOS 360º Programa de Impulso Académico e Profesional para Talento con Discapacidade: estudantes de mestrado, de grao (+50 créditos superados) Fp 2º curso.

  • Máximo: 1500 €, destinada a idiomas, certificacións, material ou outros gastos vinculados aos estudos aprobados por Fundación Adecco.
  • Kit de competencias profesionals
  • 3 sesións de consultoría laboral
  • Role play entrevista
  • Entrevista en empresa

UNIDOS START: Programa de iniciación Académica e Profesional para Talento con Discapacidade: dirixida a estudantes de Grao con menos do 50% dos créditos superados e estudantes de primeiro curso de FP.

  • Máximo: 750 euros, destinada a idiomas, certificacións, material ou outros gastos vinculados aos estudos aprobados por Fundación Adecco.
  • Kit de competencias profesionais.
  • Dúas sesións de consultoría laboral.

Páxina web:

https://fundacionadecco.org

Contacto:

Fundación Adecco

Príncipe de Vergara, 110 , 6º 28002 Madrid

Tlf. 917 00 49 20

becasfundacionadecco@adecco.com

Publicación: BOE 18/06/2026

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión