Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas de Grao Fundación "a Caixa"

A Fundación ”a Caixa” convoca 60 bolsas destinadas a estudantes excelentes con escasos recursos económicos para iniciar estudos de grao universitario ou ensinos artísticos superiores en territorio do Estado español.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 29/05/2026

ás 14:00h.

Requisitos:

  • Ser beneficiario/a de a dotación fixa por renda da bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ou do Gobierno Vasco na convocatoria 2025-2026. Por tanto, todos os solicitantes deberán estar no limiar 1 de renda familiar establecido polos devanditos organismos.
  • Superar o último curso de bacharelato ou ciclo formativo de grao superior (CFGS) no curso 2025-2026.
  • As persoas solicitantes que cursasen estudos de Bacharelato deberán superar as probas de acceso á universidade na convocatoria ordinaria 2026...

Remuneración / Dotación:

  • Bolsa salario de 750 euros mensuais
  • Dotación única inicial de 750 euros
  • Dotacións adicionais para realizar unha estancia internacional:
    • Dotación mensual de 400 euros
    • Dotación única de 400 euro
  • Matrícula na universidade pública ou o centro de ensino superior público
  • Matrícula para cursos de inglés
  • Programa de orientación académica
  • Programa de formación en habilidades transversais
  • Dotación final de 250 euros

Páxina web:

fundacionlacaixa.org

Contacto:

Fundación "a Caixa"

Avenida Diagonal 621-629. 08028- Barcelona

tel: 934 046 000

e-correo: becas@contact.fundacionlacaixa.org

Documentos:

Bases completas (pdf) (5 MB)

Do total de bolsas convocadas, 10 serán destinadas a persoas beneficiarias do Programa CaixaProinfancia, unha iniciativa da Fundación "a Caixa" orientada a combater a pobreza infantil.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión