Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Fundación Occident convoca as Bolsas de Grao Jesús Serra: 7 bolsas para alumnos e alumnas que queren ser os primeiros da súa familia en cursar estudos universitarios. 7 bolsas para alumnas que queren ser as primeiras da súa familia en titularse en graos STEM.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 29/05/2026
ás 14:00h.
Requisitos:
Posuír a nacionalidade española ou o permiso de residencia no Estado español.
Finalizar o último curso de Bacharelato ou dun Ciclo Formativo de Grao Superior (CFGS) no curso inmediatamente anterior á concesión desta bolsa.
Nótaa media do expediente académico debe ser igual ou superior a 7 en Bacharelato ou no Ciclo Formativo de Grao Superior (CFGS).
Matricularse ao primeiro curso de grao universitario nunha universidade española e non cursar anteriormente outros estudos universitarios.
A renda familiar non poderá superar o limiar 2 establecido nas bases da bolsa xeral do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes do Goberno español...
Remuneración / Custo:
Programa de mentoría.
Programa formativo anual.
Programa de benestar emocional.
Dotación complementaria ligada ao aproveitamento dos beneficios da Bolsa de Grao Jesús Serra: ata 3.000 euros anuais.
Axudas para material académico e/ou formación complementaria, cun máximo de 750 euros en material, que pode distribuírse ao longo de todos os estudos, e 750 euros anuais en formación complementaria.
Contías fixas ligadas á renda, de ata 1.250 euros anuais, e á residencia, de ata 750 euros anuais...
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible