Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas de introdución á investigación "JAE Intro ICU 2026"

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades convoca ata 441 bolsas de formación, para estudantes universitarios con alto nivel de rendemento académico, nos institutos de investigación, centros nacionais, unidades técnicas, PTI e redes científicas/conexións do CSIC.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 10/03/2026

Segundo prazo: do 1 ao 30 de setembro de 2026.

Requisitos:

  • Persoas físicas maiores de idade, de nacionalidade española ou dos estados membros da Unión Europea e dos estados signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, así como persoas estranxeiras.
  • Cumprir os requisitos específicos establecidos na ficha descritiva do instituto de investigación, centro nacional, unidade técnica, PTI ou rede científica/conexión CSIC á que opta na súa solicitude.
  • Estar matriculado no curso 20205/2026 nun grao universitario ou nun dobre grao universitario oficial dos indicados en cada ficha descritiva á que opta na súa solicitude e ter superados, polo menos, o 50% dos créditos "European Credit Transfer and Accumulation System" ou ben estar matriculado nun máster universitario oficial dos indicados na ficha descritiva á que opta na súa solicitude no curso académico 2025-2026 ou 2026- 2027.
  • Acreditar unha nota media de grao ou licenciatura igual ou superior ao indicado na ficha descritiva do instituto de investigación, centro nacional, unidade técnica, PTI ou rede científica/conexión que se solicita.
  • Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Doutor/a.
  • Non ser persoa beneficiaria dunha bolsa de ningún programa JAE en convocatorias anteriores.

Remuneración / Custo:

A contía total da axuda e o número de mensualidades en que se abonará indícase en cada ficha descritiva de cada instituto de investigación, centro nacional, unidade técnica, PTI ou rede científica/conexión, e será abonada mensualmente.

Páxina web:

www.csic.gob.es

Contacto:

Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas - CSIC

Rúa Serrano, 113 28006 Madrid

Tlf. 91 568 00 83

Correo electrónico: jae@csic.es

Publicación: BOE 07/02/2026

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 884982

O plan de formación derivado da concesión destas bolsas desenvolverase nos grupos de investigación dos institutos de investigación do CSIC enmarcados nas tres áreas globais (Vida, Sociedade e Materia), baixo a dirección do persoal investigador responsable.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión