Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Bolsas de posgrao no estranxeiro da Fundación "a Caixa"
A Fundación "a Caixa" convoca 100 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de investigación do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), América do Norte ou Asia-Pacífico.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 19/01/2026
ata as 14:00 h.
Requisitos:
Ter a nacionalidade española ou portuguesa.
Acreditar un nivel avanzado do idioma no que se cursarán os estudos de destino.
Dispoñer dun título de grao concedido por unha universidade española (candidatos españois) ou universidade portuguesa (candidatos portugueses). Os estudos de grao deben de finalizarse entre xaneiro de 2017 e xullo de 2026.
A duración mínima dos estudos debe ser dun curso académico. Para estancias de investigación, a duración mínima serán 9 meses.
Os candidatos non poden completar os estudos de grao no estranxeiro antes do inicio da bolsa.
Remuneración / Dotación:
Gastos de matrícula da universidade onde o bolseiro fose admitido
Asignación mensual (variará segundo o país de acollida) e gastos para instalación (equivalentes a unha mensualidade)
Os gastos de viaxe: 500 € para países do EEES e 1500 € para Norteamérica e rexión Asia-Pacífico
100 bolsas para cursar estudos de posgrao (máster, doutoramento ou investigación predoctoral) cunha duración máxima de 24 meses.
Estudos de posgrao a cursar en calquera país dentro do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), América do Norte (Estados Unidos e Canadá) e a rexión Asia-Pacífico (Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapura e China).
A convocatoria comprende todas as áreas de coñecemento, pero exclúense os programas de Master of Business Administration (MBA).
As bolsas están destinadas a estudos de máster ou doutoramento, que deben iniciarse coa bolsa. Tamén se aceptan as estancias de investigación predoctoral científica e técnica.
INSCRICIÓN: en liña en https://fundacionlacaixa.org.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible