Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas de prácticas FUNDACIÓN ONCE-CRUE, curso 26/27

A Fundación ONCE pon en marcha a XI edición do programa de bolsas de prácticas FUNDACIÓN ONCE-CRUE, para o curso académico 2026-2027, dirixidas ao alumnado universitario con discapacidade igual ou superior ao 33%, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento das súas prácticas académicas externas e promover así a empleabilidad e o seu futuro profesional.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/11/2026

Requisitos:

  • - Ter unha discapacidade legalmente recoñecida igual ou superior ao 33%.
  • - Ser estudante de grao ou máster (oficial ou propio) nalgunha universidade española, ou centro adscrito.
  • - Terán preferencia o estudantado de último curso e que superasen máis do 50% dos créditos de grao. No caso do estudantado de máster, non é necesario demostrar a superación dos créditos en curso.
  • - O alumnado poderá gozar de practícalas ata en dúas edicións do programa, aínda que se dará preferencia ao estudantado que aínda non gozase de prácticas académicas.

Remuneración / Dotación:

Contía mínima de 600 €/mes.

Páxina web:

https://bolsas.fundaciononce.es

Contacto:

Fundación ONCE-CRUE

Paseo de Recoletos 27, 3ª Planta 28004, Madrid (Madrid)

Tel.: 91 360 08 02

consultas.becas@crue.org

Documentos:

basees (pdf) (401 KB)

As universidades galegas participantes son a Universidade de Coruña, Universidade de Santiago e Universidade de Vigo.

  • A UDC conta cun total de 4 bolsas.
  • A USC conta cun total de 2 bolsas.
  • A UVigo conta cun total de 4 bolsas.

Cada bolsa terá unha duración de tres meses e as prácticas académicas externas pódense realizar desde o 1 de xaneiro de 2027 ata o 31 de decembro de 2027.

INSCRICIÓN:

1º.- Inscribirse na plataforma da ONCE: https://bolsas.fundaciononce.es

2º.- As universidades seleccionarán ás persoas bolseiras, segundo os criterios descritos na convocatoria.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión