Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas Fundación Antonio Gala para Mozos Creadores 2026-2027

A Fundación Antonio Gala convoca a XXV Convocatoria Internacional de Axudas á Creación, que ten como finalidade apoiar e promover o labor creativo de novos artistas en diferentes modalidades.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/04/2026

Requisitos:

  • Poderán optar creadores e investigadores de calquera nacionalidade, co requisito imprescindible de falar español e ter entre 18 e 30 anos, ambos inclusive, o último día do prazo da convocatoria.
  • Os solicitantes non poderán presentarse a máis dun campo de creación e, para iso, achegarán a documentación tal e como se indica nas bases e enviala por correo postal á dirección da Fundación ou por correo-e a convocatoria@fundacionantoniogala.org.

Remuneración / Custo:

  • A bolsa inclúe a estancia na sede da Fundación Antonio Gala (Córdoba) de outubro de 2026 ata maio de 2027, coa excepción de dúas semanas durante o período do Nadal e os días festivos da Semana Santa.
  • O aloxamento e a manutención, así como o material e os espazos necesarios para que os residentes poidan desenvolver o seu labor creativo, correrán a cargo da Fundación.

Páxina web:

www.fundacionantoniogala.org

Contacto:

Fundación Antonio Gala

C/ Ambrosio de Morais, 20 (14003 - Córdoba)

Tel.: 957 487 395

Correo-e: info@fundacionantoniogala.org

Convócanse 15 prazas para facilitar a mozas de prometedora traxectoria nas súas respectivas disciplinas (narrativa, poesía, teatro, composición musical, pintura, escultura, fotografía, arquitectura...) o desenvolvemento dun proxecto de creación durante o curso 2026-2027 e 1 praza extraordinaria adicional a destinada a un investigador que propoña un proxecto sobre algún aspecto concreto da obra literaria e figura de Antonio Gala

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión