Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Bolsas Fundación Romanillos a estudantes con poucos recursos económicos
A Fundación Romanillos convoca para o curso 2026-2027 bolsas destinadas a estudantes con poucos recursos económicos para realizar estudos en calquera centro público ou privado de España.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 07/04/2026
Prezo:
Contía por bolsa: a que se solicite por ou para o Bolseiro, sen máis limitacións que as que o Padroado estime oportunas, previo estudo das circunstancias económico-familiares e do expediente académico dos solicitantes. Valorarase a simultaneidade dos estudos co traballo.
Requisitos:
A renda familiar dos solicitantes non poderá exceder, para o curso 2025-2026 de:
Familia de 1 membro 11.130 €
Familia de 2 membros 24.800 €
Familia de 3 membros 32.400 €
Familia de 4 membros 38.370 €
Familia de 5 membros 43.665 €
Familia de 6 membros 48.515 €
Familia de 7 membros 53.310 €
Familia de 8 membros 57.950 €
- A partir do oitavo membro, sumaranse 4.655 € por cada novo membro.
Non se concederán bolsas para realizar estudos de posgrao, como norma xeral.
Ao mesmo tempo, a Fundación Romanillos convoca a Premio Enrique Rodríguez-Marín á Excelencia Académica co que premiará ao bolseiro que finalizase os seus estudos co mellor expediente académico do curso correspondente (2026-2027):
Seleccionarase entre todos aqueles bolseiros que obtivesen a cualificación de notable como nota media mínima no curso 2026-2027.
Outorgaranse tres premios e unha mención especial segundo os estudos:
1.700 €: Estudos Universitarios.
1.200 €: Ciclos Formativos de Grao Superior.
800 €: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible