Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas para participar nas actividades académicas da UIMP no verán de 2026

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca bolsas dirixidas a estudantes e titulados universitarios para a asistencia ás actividades académicas que se celebrarán en Santander durante o verán de 2026.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

As diferentes actividades desenvolveranse do 22 de xuño ao 11 de setembro 2026.

Inscricións:

Ata o 04/05/2026

Prezo:

A concesión das bolsas non exime da obrigación de abonar os gastos de secretaría pola formalización do seu expediente, cuxa contía será de 22,5 euros.

Requisitos:

  • Nacionalidade española, doutro país membro da Unión Europea ou extracomunitarios con residencia legal en España.
  • Titulación académica:
    • Ter matrícula formalizada no curso académico 2025-2026 en estudos oficiais de grao (ou en calquera outro estudo que equivalla a eles, segundo a normativa vixente) nunha Universidade dun Estado membro da Unión Europea e superar polo menos 60 ECTS; ou
    • Finalizar os estudos oficiais de grao (ou equivalentes) con posterioridade ao 31 de decembro de 2019 nunha Universidade dun Estado membro da Unión Europea.
  • Nota media na titulación: deberán acreditar unha nota media no seu expediente académico de grao (ou equivalente) igual ou superior a 6,0 puntos sobre base 10. A nota media de quen non finalizasen os seus estudos de grao (ou estudos considerados equivalentes) virá referida ás cualificacións obtidas nas materias que se superaron ao tempo da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado. O solicitante que se atope nesta situación deberá acreditar que superou polo menos 60 ECTS.

Remuneración / Dotación:

Nas súas distintas modalidades, cada bolsa concedida poderá cubrir:

  • O prezo de matrícula ata un máximo de 395 euros.
  • O aloxamento: máximo de 45 euros/día ata un máximo de 6 días, segundo a duración do curso.
  • A manutención, en réxime de pensión completa: máximo de 37,24 euros/ día, ata un máximo de 6 días, segundo a duración do curso.

Páxina web:

www.uimp.es

Contacto:

Universidade Internacional Menéndez Pelayo - UIMP

Rúa Isaac Peral, 23. 28040 Madrid

Tel. 91 592 06 00

Correo-e: becas@uimp.es

Publicación: BOE 10/04/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 897721

As bolsas adoptarán as seguintes modalidades:

  • Bolsa completa, que inclúe matrícula no curso solicitado, aloxamento en habitación compartida e manutención en réxime de pensión completa.
  • Bolsa de matrícula: nos casos nos que o solicitante considere que non precisa das prestacións de aloxamento e manutención.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión