Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Fundación Adecco lanza unha nova convocatoria das Bolsas Pupilo Dorotea, un proxecto que ten como obxectivo favorecer o accesoa a formación e a inclusión laboral a persoas con certificado de Altas Capacidades ou que presentan excelencia académica e que ademais se atopen en situación de vulnerabilidade económica.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 08/06/2026
Requisitos:
Cumprir un dos dous criterios:
- Brillante Expediente Académico:
ESO: media de 9 ou superior.
Grao Universitario:
Graos Ciencias / Enxeñería: media de 8 ou superior
Ciencias da Saúde: media de 8,5 ou superior
Outros Graos: media 9 ou superior
FP Grao Superior: media de 9,5 ou superior
- Contar coa identificación de Altas Capacidades Intelectuais (ACI)
Estar nunha situación de baixos recursos económicos (a unidade familiar debe atoparse dentro dos limiares de renda establecidos para a convocatoria 2026/2027 das bolsas de ensinos postobligatorias do Ministerio de Educción)
Ter un rango de idade entre os 6 e os 63 anos a 31 de decembro de 2026
Estar en posesión de permiso de traballo e residencia en España.
Remuneración / Dotación:
Os importes de cada bolsa determinaranse en función das necesidades de cada persoa (consultar importes económicos nas bases da convocatoria)
CATEGORÍA 1: Bolsa Bacharelato, FP, Grao Universitario, destinada a estudantes de:
Bacharelato
Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior
Grao Universitario
Ensinos Artísticos Superiores
Ensinos de Idiomas en Escolas Oficiais
CATEGORÍA 2: Bolsa Máster, destinada a estudantes de Máster Universitario
CATEGORÍA 3: Bolsa Investigación, destinada a estudantes de Doutoramento Universitario
CATEGORÍA 4: Bolsa Pupilo Dorotea, destinada a estudantes de:
Educación Primaria
Educación Secundaria
Ensinos Artísticos Profesionais
Formación Profesional de Grao Básico
Bolsas para formación regrada ou non regrada:
CATEGORÍA 5: Bolsa Volver Empezar, destinada a mulleres en situación de vulnerabilidade (mulleres vítima de violencia de xénero e/ou mulleres con cargas familiares non compartidas)
CATEGORÍA 6: Bolsa Tesouros Escondidos, destinada a persoas adultas que non tivesen unha traxectoria formativa normativa ou lineal.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible