Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas de desprazamento para a realización de prácticas curriculares da UVigo 2025/2026

A Universidade de Vigo convoca bolsas de desprazamento destinadas a estudantado matriculado en titulacións oficiais de grao e máster da UVigo no curso 2025/26, que teñen como obxecto a compensación do custo económico asociado aos desprazamentos que deben realizar desde a localidade do centro de estudos ata as empresas e institucións nas que realizan as prácticas curriculares.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 16/03/2026

Requisitos:

  • Posuír nacionalidade española, dalgún estado membro da UE ou residencia legal en España. 
  • Estar matriculado na Universidade de Vigo no curso 2025/2026 en titulacións oficiais de Grao e Máster Universitario, en centros propios ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro)
  • Estar matriculado no curso 2025/2026 nalgunha das materias de prácticas curriculares con 18 ou máis créditos.
  • Cumplir cos requisitos económicos (limiares de renda e patrimonio familiar) establecidos nas bases da convocatoria.

Remuneración / Dotación:

A contía individual máxima da bolsa será de 500 €

Páxina web:

https://secretaria.uvigo.gal

Contacto:

Universidade de Vigo

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos

Edificio Exeria - As Lagoas, Marcosende (36310 - Vigo)

tel: 986 81 40 94

correo-e: bolsas@uvigo.es

Publicación: DOG 24/02/2026

SOLICITUDES: para ser admitidos/as será necesario facer as seguintes inscricións nos correspondentes enlaces:

1º.-  Solicitude a través do formulario "Bolsas propias de estudos/BOLSA PRÁCTICAS CURRICULARES" dispoñible na secretaría virtual da UVigo: https://secretaria.uvigo.gal 

2º.-  Simultaneamente á presentación da solicitude deberase facer a inscrición para a "Ayuda Económica para Prácticas 2026 I Edición" do Santander Open Academy, a través do enlace: https://app.santanderopenacademy.com/es/program/ayuda-economica-para-practicas-2026-i-edicion 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión