Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas de formación en Centros de Investigación, 2026/2027 - Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo, convoca 7 bolsas de formación complementaria en centros de investigación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 02/09/2026

Requisitos:

  1. Atoparse nalgún dos seguintes casos:
    • Posuír nacionalidade española.
    • Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea e acreditar a condición de residente legal.
    • Posuír nacionalidade extracomunitaria e acreditar a residencia legal en España, de acordo co disposto na normativa sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  2. Estar matriculado/a na Universidade de Vigo en centros propios no curso 2026/2027 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus en que se opta á bolsa. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula a día 14 de setembro de 2026.
  3. No caso de matrícula en Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao nos que se matricula. Para estes efectos terase en conta o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo que segundo o calendario académico é o 20 de xullo.
  4. Cumprir os demais requisitos específicos sinalados no anexo II. Para estes efectos terase en conta que o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo segundo o calendario académico é o 20 de xullo de 2026.

Remuneración / Custo:

Convócanse 7 bolsas distribuídas do seguinte xeito:

  • Campus de Ourense:
    • 1 bolsa no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI)
  • Campus de Vigo:
    • 3 bolsas no Centro de Investigación Mariña (CIM-ECIMAT)
    • 1 bolsa no Centro de Investigacións en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO)
    • 1 bolsa no Centro de Investigación CINTECX
    • 1 bolsa na Cátedra R
  • A duración máxima do período formativo será de 9 meses, e non se iniciará antes do 1 de novembro de 2026 rematando o 31 de xullo de 2027 (Cátedra R duración máxima 5 meses).
  • O número de horas de colaboración será de 15 horas semanais.
  • A dotación económica bruta será como máximo 400 €/mensuais.

Páxina web:

https://secretaria.uvigo.gal

Contacto:

Universidade de Vigo

Tel.: 986 814 094

bolsasformacion@uvigo.gal

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión