Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Bolsas de formación en Unidades e Áreas 2026/2027 da UVigo
A Universidade de Vigo convoca 27 bolsas de formación complementaria en unidades e áreas da propia universidade para fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación en que se matricula.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 10/09/2026
Duración:
A duración máxima do período formativo será de 8 meses. Non se iniciará antes do 1 de novembro de 2026 e finalizará o 30 de xuño de 2027.
Requisitos:
Estar matriculado en centros propios no curso 2026/2027 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións oficiais de grao ou mestrado universitario sinaladas no anexo II das bases da convocatoria, no campus en que se opta á bolsa.
No caso de matrícula en Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao nos que se matricula.
Cumprir os demais requisitos específicos sinalados no anexo II das bases da convocatoria.
Non gozar con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de 12 meses, de forma consecutiva ou descontinua...
Remuneración / Dotación:
A contía individual será como máximo de 400€/mes para as bolsas de 15 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible