Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia
A Axencia Turismo de Galicia convoca bolsas para o alumnado que curse as titulacións que impartirá no curso 2026/27 o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG): grao en xestión de empresas hostaleiras e curso superior de chef de cociña e pastelaría.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 03/07/2026
Requisitos:
Ter nacionalidade española, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Neste último caso requirese que o/a estudante ou proxenitores/titores ou representante legal se encontren traballando en España. O alumnado estranxeiro non comunitario deberá acreditar a súa condición de residente.
Ter solicitada a preadmisión no curso 2026/27 nalgunha das titulacións que imparte o CSHG.
Non ter unha exención de matrícula establecida normativamente.
Bolsas ordinarias:
Para estudos de grao en xestión de empresas hostaleiras: Acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5 puntos e que a renda familiar non supere determinados límites de renda.
Para o curso superior de chef de cociña e pastelaría: Titulación de ciclo medio ou superior na rama da hostalaría, certificado de profesionalidade en cociña ou 6 meses de experiencia laboral en hostalaría, e non superar determinados límites de renda.
Bolsas de excelencia académica para estudos de grao en xestión de empresas hostaleiras: Acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 8 puntos.
Remuneración / Custo:
Bolsas de nova adxudicación para novos/as alumnos/as do CSHG: desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria.
Bolsas de excelencia académica para o novo alumnado do CSHG: desconto do 100 % do prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido con pensión completa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible