Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Bolsas para alumnado das universidades do SUG que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2026/27, fóra do ámbito do programa
Erasmus+.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 03/08/2026
Duración:
estadías dun mínimo de tres meses completos.
Requisitos:
Estar matriculado no curso 2026/27 en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe (universidades do Sistema universitario de Galicia).
Que a mobilidade sexa realizada fóra do ámbito do programa Erasmus+.
Non ter desfrutado desta bolsa de mobilidade en convocatorias anteriores.
Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española ou con dobre nacionalidade, realice a mobilidade nos seus países de orixe ou nalgún do que é nacional.
Así mesmo, queda excluído da convocatoria o alumnado que non se desprace ao país de destino.
Remuneración / Dotación:
1.700 euros para intercambios realizados en Europa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible